Día de recuerdos

Tercer viaje a México en apenas cuatro meses, para impartir el Módulo de “Desarrollo de otros” (El Líder-coach) en Querétaro, a medio centenar de directivos de PEMEX, en uno de los programas más innovadores de desarrollo de talento para la mayor empresa de Iberoamérica y con la organización de AMEDIRH (el AEDIPE de México). Todo un orgullo y un honor.

Me llevo media docena de libros, los últimos de mi amigo Sergio Fernández (con Rubén Chacón), de mi admirado Joan Quintana y Cefería Soler (con prólogo de Jorge Wagensberg), de José María Gasalla… además de “Por qué Marx tenía razón”, de Terry Eagleton; “La revolución de la dignidad”, de Lina Ben Mhenni y “La energía de la creencia”, de Bender y Sise. Y mis tres pelis favoritas, “Laura”, “El hombre tranquilo” y “Casablanca”, para repasarlas. Voy a fijar en el protagonista masculino (Dana Andrews, Wayne y Bogart) y sus rasgos comunes.

Por el día de todos los santos, el maestro Carlos Ongallo escribió en su muro de Facebook algo precioso. Y en Galicia Dixital, "Día da lembranza". Mi querido Iago Santalla habla del día de difuntos como día de recuerdos:

“Hoxe é o seu día. Sempre nos habitan na memoria. Ven polos nosos ollos. Escoitan as verbas que nos imos atopando na vida. Invaden os nosos soños, e por veces!, mesmo parece que falan pola nosa boca ou que se moven de novo nos nosos xestos. Que orgullo para o avó, o pai, o tío ver un xesto seu nun devanceiro!

Que orgullo que che digan que es tan alegre como o teu bisavó; ou mesmo que es tan testudo como aquel tío que emigrou a Bos Aires, e que nunca coñeciches, pero de tanto escoitar falar del, semella que che tivera falado a ti algunha vez.

Hoxe é o día de lembralos, de dicirlles como os seguimos querendo, de acender o seu recordo en grilandas e crisantemos para sentirnos mais preto deles; tocando por uns intres ese derradeiro mármore que nos separa do seu ser.

Para algúns, é un día triste; no que se preguntarán porqué aconteceu o que aconteceu, ou porqué as cousas teñen sido así e non doutro xeito. Para outros (nos que me inclúo) é o día da lembranza, o día no que o recordo sorrí e conta a propia historia.

Entón facémonos conscientes do río que nos leva, de que nese río somos o que nos deu a natureza; pero sobre todo, somos o que nos aportaron os que puxeron o seu empeño en que medraramos nas ledicias. Ao decatarnos disto, só unha verba agroma en cada flor que lles doamos en anacos de cores:

GRAZAS. Grazas polos seus bicos, polas súas apertas, por ensinarnos a montar na bicicleta, a xogar ao tute ou a enfrontarnos á vida cunha escala de valores firme. Grazas por ensinarnos a crer en nós mesmos e por crer en nós. Grazas por ensinarnos a perseverar nos nosos obxectivos e a querer o mellor para os nosos devanceiros. E grazas, tamén, por ese empeño que puxeron en que a nosa traxectoria vital superase a deles.

Canto queremos aos nosos antergos! Cantas razóns para encher de cores floridas os camposantos! O Día de Defuntos, debe de ser un día ledo, un día para sorrirlle aos que non temos e lembralos nos feitos e nas palabras. Pero tamén ten que ser un día para reflexionar sobre os que aínda temos; para virar os ollos cara eles e dicirlles nun aloumiño todo o que son para nós, todo o que nos dan e que nos resulta imprescindible. Digámosllo con palabras, con bicos, con apertas, con aloumiños. Digámosllo con ese patrimonio inmaterial que é perenne e non murcha!

Digámosllo como mellor nos preste, pero digámosllo xa! Porque non sabemos cando partirán. Porque non sabemos cando partiremos, e non hai peor palabra que aquela que fica por dicir. E porque as flores nunca terán o poder das propias palabras.”

¡Qué preciosidad poética, en la bella lengua de Rosalía de Castro! Las palabras son más poderosas que las flores…

Sobre el referéndum de Grecia, comparto la opinión de mi amiga Susanna Griso: “En esta Europa, la del despotismo ilustrado, encaja mal la consulta popular”.